O prazo de solicitude está aberto ata o 10 de xuño.
A Consellería de Traballo e Benestar acaba de facer pública a oferta de campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. O prazo de solicitude vai estar aberto ata o día 10 de xuño (incluído). A oferta está destinada a persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% que teñan entre 11 e 40 anos.
A duración dos campamentos é de 10 días. Hai dous destinos: o Albergue Xuvenil de Gandarío (en Bergondo) e a Residencia de Tempo Libre de Panxón (en Nigrán). Aínda que a oferta completa inclúe a persoas de entre 11 e 40 anos, está previsto que se dividan en grupos de 11 a 14, de 15 a 18, de 19 a 25 e de 26 a 40 anos. O prezo é igual para todas as modalidades: 125 euros. A oferta de datas segundo idades e ubicacións pode consultarse a continuación, ou descargando o folleto que está ao final:
Para solicitar praza hai que cubrir un documento oficial, que se debe presentar, xunto co informe médico, na Consellería de Traballo e Benestar, dirixidas á atención da Secretaría Xeral de Política Social (Edificio Administrativo San Caetano, s/n - 15781 - Compostela). As persoas seleccionadas recibirán unha comunicación no prazo de dez días naturais.
A información completa sobre requisitos, obrigas, bonificación, tipo de servizo, etc., está no folleto editado pola Consellería de Traballo.