• servizos sarela 795x180

Noticias

Os mellores momentos de Sarela 211

Os mellores momentos de Sarela 211

Imaxe: Oscar Colon Fotografía

Deixamos algunhas das imaxes da representación de Sarela 211, a última obra do noso grupo de teatro. O venres no Auditorio vivimos, coma sempre en cada estrea, momentos moi especiais que demostran que, se queres e che gusta, non tes que renunciar a participar do teatro. Cada persoa, maior ou pequena, que subiu ao escenario tiña as súas secuelas, o seu #DanoCerebralAdquirido, e con apoio e adestramento fixo un gran traballo.

 

Este ano a acción trasladounos a mediados dos anos 70 para meternos nunha fábrica de automóbiles e na cadea á que van dar parte dos seus traballadores. A súa unión porase a proba durante o xuízo pero tamén terán nun concurso moi especial que lle ten preparada a dirección da cadea.

 

Desenvolvemento de habilidades e obxectivos da representación

 

A Grupo de teatro de Sarela comezou a funcionar hai máis de sete anos polos aspectos positivos que implica esta disciplina. Noelia Parente (educadora social) e Ruth González (logopeda) son as profesionais encargadas da súa coordinación. Elas destacan que “preparar a obra de teatro contribúe ao desenvolvemento persoal dos participantes porque require un esforzo, por exemplo, de memoria, promove a confianza e axuda a producir ou descubrir cambios nas súa habilidades. A actividade en grupo falicita a comunicación e a cooperación e polo tanto mellora as súas relacións persoais”. Tamén se traballan aspectos vinculados, por exemplo, á logopedia porque teñen que falar con claridade, proxectando a voz etc.

 

As coordinadoras do grupo de teatro destacan que outro dos obxectivos é demostrar que, con independencia das capacidades, dando a oportunidade e cos apoios axeitados, calquera pode subir a un escenario.

 

Momento de convivencia

 

“Sarela 211" é a sétima obra de teatro do grupo de teatro da asociación. Primeiro foi “Sarela Televisión”, despois “Sarela en camiño”, seguiulle “En Sarela non hai quen viva”, “Sarela e a Fábrica de chocolate”, “Amar en tempos de Sarela” e o ano pasado “Neflis Sarela”.

 

A representación do venres é un momento de convivencia no que participan as persoas usuarias dos servizos da entidade (Centro de Día, rehabilitación etc), familiares, voluntarios/as e profesionais. Pero sobre todo é o punto final dun traballo que dura varios meses e que recae esencialmente en persoas con Dano Cerebral Adquirido, desde o deseño da trama até levar o peso da representación.

 

Categorías: Sarela
Tags: Teatro

Multimedia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.