Participa no recibimento de Jon Karla no Obradoiro

18/06/2019

Jon Karla Bilbao é socio de Atece-Araba (Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Álava) e xunto con Jorge chegarán á Praza do Obradoiro ás 11:30 deste sábado, 22 de xuño, logo de completar o Camiño de Santiago desde Roma. Foron máis de cen días de peregrinación para completar 2.723 quilómetros. O obxectivo de Jon Karla, cando comezou a camiñada, era o de dar visibilidade ao DCA e axudar á asociación Atece.

Jon Karla Bilbao é socio de Atece-Araba (Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Álava) e xunto con Jorge chegarán á Praza do Obradoiro ás 11:30 deste sábado, 22 de xuño, logo de completar o Camiño de Santiago desde Roma. Foron máis de cen días de peregrinación para completar 2,723 quilómetros. O obxectivo de Jon Karla, cando comezou a camiñada, era o de dar visibilidade ao DCA e axudar á asociación Atece.

 

Esta non é a primeira vez que Jon Karla fai o Camiño de Santiago xa que o completou noutras oito ocasións pero nunca desde Roma. Cinco foron antes de ter o infarto que lle provocou, pola falta de osíxeno derivada da parada cardiorespiratoria, o dano cerebral adquirido. Despois diso prometeuse facelo só e desde aquela xa o fixo tres veces.

 

 

Agora o reto é maior e irá a acompañado de Jorge Sergio Romero, un amigo arxentino que coñeceu precisamente no Camiño. Jon Karla quere dar a coñecer o dano cerebral adquirido, hoxe a primeira causa de discapacidade e dependencia en España. As secuelas do DCA son moitas veces invisible e pouco recoñecibles como é no seu caso. El ten, sobre todo, problemas de memoria a curto prazo pero intactas as gañas de loitar como voluntario e membro da directiva de Atece a favor dos dereitos das persoas con DCA.

 

Recibimento no Obradoiro

 

Jon Karla e Jorge chegarán a Santiago o sábado 22 ás 11:30 da mañá, se non xorden imprevistos. Ese día Sarela e Atece-Araba estaremos na Praza do Obradoiro para recibilos como se merecen. Un grupo de socios/as e profesionais de Atece estarán eses días por Santiago para gozar duns días de descanso e o sábado irán ao Obradoiro para, despois de máis de catro meses, abrazar a Jon Karla e Jorge. Sarela tamén estará esa mañá no destino da peregrinación para compartir cos compañeiros de Araba un momento especial.

 

 

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información