Participación na Arousaman-Arousawoman e na travesía O Fisgón de Moaña

20/08/2023

O pasado 29 de xullo celebrouse a quinta edición da Arousaman-Arousawoman, a travesía a nado entre O Grove e Ribeira, e na que Sarela colabora para dar visibilidade ao DCA. Persoas socias da entidade e da xunta directiva estiveron presentes como voluntarias na saída e chegada da proba que reuniu a máis de corenta nadadores e nadadores. A raíz desta colaboración xurdiu a posibilidade de nadar na XI Travesía O Fisgón de Moaña.

A Arousaman-Arousawoman é unha travesía a nado non competitiva que se celebra cada dous anos para sensibilizar sobre o Dano Cerebral Adquirido e dar visibilidade a esta discapacidade e á labor de Sarela, á que se destinan os fondos conseguidos durante a súa celebración.

Na edición deste ano participaron 44 nadadores e nadadoras (17 sen neopreno) que tomaron a saída ao redor das nove da mañá na praia de Confín no Grove nun día que amenceu inestable. Os/as primeiros/as participantes chegaron á praia de Coroso aproximadamente ás 14:30 horas onde foron recibidos/as por Manolo O Nacho, impulsor desta iniciativa a raíz do seu dano cerebral, así como por autoridades, amigos etc.

Sarela estivo representada por Concha Otero (vicepresidente de Sarela) e Montse, Marta, Enrique, Juan e Alex, persoas socias de Sarela e que participan no proxecto Nado polo DCA. Os/as seis colaboraron como voluntarios/as tanto na saída como na chegada prestando asistencia aos/ás nadadores/as. En conxunto estiveron presentes 107 voluntarios repartidos entre terra e mar, Gardacostas de Galicia, Cruz Vermella, Salvamento Marítimo e as proteccións civís do Grove e Ribeira.

XI Travesía O Fisgón de Moaña
Froito da participación no Arousaman-Arousawoman, o club Triatlón Morrazo Ctm convidou ás nadadoras e nadadores de Sarela con DCA a participar na travesía O Fingón que se celebrou en Moaña o 15 de agosto. Montse, Juan e Marta nadaron os 2.000 metros da proba dando un paso máis nos obxectivos do proxecto Nado polo DCA (impulsado en 2022 por Fegadace e a Arousaman-Arousaman) para  a promoción do deporte acuático na abordaxe do dano cerebral, e para a organización dunha travesía a nado solidaria.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información