Paseos e visitas culturais polo verán

03/07/2014

Sarela organiza o luns unha visita ao Museo de Antropoloxía Sotelo Blanco.

Sarela fixo pequenos retoques na programación de actividades de verán, que están levando ás persoas usuarias da asociación a facer visitas culturais e de paseo por Santiago e a súa contorna.
 
Durante os meses de xuño, xullo e setembro (en agosto a asociación para a actividade) interrómpense as actividades de ximnasio e piscina, ás que as persoas usuarias de Sarela acoden semanalmente.
 
Este parón da actividade deportiva non pode supoñer un freo nos hábitos de vida saudábeis, polo que as persoas usuarias do centro de día están facendo, nas tardes dos venres, saídas de paseo. Na imaxe pódese ver como camiñan polo parque das Cancelas. A idea é que estes paseos manteñan o ritmo de exercicio do resto do ano, ao tempo que se distende o estrés da semana cunha tarde relaxada.
 
Os luns tamén se fan saídas cun enfoque é de lecer. O día 7 teñen previsto visitar, pola mañá, o Museo de Antropoloxía da Fundación Sotelo Blanco, en San Marcos. Nas últimas semanas tamén estiveron no parque de Os Tilos e na exposición 'Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre', na Fundación Novacaixagalicia.
 
As persoas usuarias do Centro de Día de Atención Especializada divídense en dous grupos. A metade fan a visita, e a outra metade quedan en Sarela facendo actividades de psicomotricidade.
 
    Paseo polas Cancelas
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información