Por que é necesaria unha Estratexia de Atención ao Dano Cerebral Adquirido?

30/01/2019

Obrigadas a construír novos proxectos de vida, as persoas con DCA e as familias cren necesarias medidas e espazos para a inclusión social. Unha, e reiterada ano tras ano, é a creación dunha Estratexia de Atención ao Dano Cerebral Adquirido, consistente en garantir unha atención individualizada e continuada no tempo para buscar a mellor calidade de vida.

Con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral Adquirido, Sarela e todo o movemento asociativo  reiterou as que son medidas xa inaprazables para garantir a calidade asistencial e de vida das persoas con DCA. Esas propostas tiveron a voz das persoas que leron o manifesto na Praza do Obradoiro o 26-O. Elas, persoas con dano cerebral e familiares, solicitaron medidas para garantir a continuidade asistencial unha vez superada a fase hospitalaria e evitar o desamparo ao que hoxe se enfrontan a maior parte.

 

Obrigadas a construír novos proxectos de vida, as persoas con DCA e as familias cren necesarias medidas e espazos para a inclusión social do colectivo. Unha das medidas solicitadas, e reiterada ano tras ano, é a creación dunha Estratexia de Atención ao Dano Cerebral Adquirido.

 

Esta medida consiste esencialmente en garantir, desde o momento en que se produce o dano cerebral (sexa cal sexa a causa: ictus, traumatismo, tumor, enfermidade infecciosa...) unha atención individualizada e continuada no tempo (e polo tanto superando a fase de hospitalización) para buscar coa participación de distintos profesionais, recursos, as familias e sobre todo a persoa que viva coa mellor calidade posible.

 

Isto conseguirase coa mellora da súa autonomía persoal; participación social; recuperación das redes sociais e familiares; incorporación ao ámbito laboral ou educativo, etc. Partindo de que unha vez pasada a fase aguda a evolución de cada persoa é moi variable, con secuelas heteroxéneas e en grados diferentes, as súas necesidades son tamén distintas. Co tempo, esas necesidades evolucionan normalmente desde o ámbito sanitario ao social e comunitario debido á cronicidade do DCA.

 

A Estratexia de Atención ao Dano Cerebral Adquirido é un proceso asistencial que vela pola coordinación de recursos e axentes que participan na rehabilitación (non só física) desa persoa. Falamos dos recursos sanitarios, sociais, comunitarios, laborais e educativos e que poden depender de distintas administracións, asociacións, etc.

 

Isto implica un traballo en equipo, coordinado e corresponsable para poder facer o acompañamento desa persoa na conquista dese obxectivo común que é mellorar as súas condicións de vida grazas á conquista de espazos de autonomía. A abordaxe multidisciplinar e o enfoque integral desa atención serán tamén imprescindibles.

 

 

 

    Estratexia Atencion ao Dano Cerebral Adquirido
Categorías: Dano Cerebral Adqurido
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información