• banner web aniversario2

Noticias

Concha Otero, vicepresidenta de Sarela, comparte no libro “A noite en que todo cambiou. A vida con DCA” a súa vivencia con Dano Cerebral

Concha Otero, vicepresidenta de Sarela, comparte no libro “A noite en que todo cambiou. A vida con DCA” a súa vivencia con Dano Cerebral

Concha Otero, terceira pola esqueda, con parte das persoas que asistiron á presentación realizando o xesto do Dano Cerebral

Concha Otero presentou onte o libro, editado por Hércules Edicións, coincidindo coa semana na que se celebra o Día do Dano Cerebral. Esta é unha obra que narra en primeira persoa a vivencia da familia da autora co DCA que sofre seu home Juan como consecuencia dun ictus.

 

Na presentación a vicepresidenta de Sarela repasou as circunstancias que supuxeron un profundo cambio na vida da familia e como tivo que afrontar unha discapacidade como a do Dano Cerebral, até ese momento totalmente descoñecida. Concha tamén repasou o papel fundamental que xogou Sarela nestes anos e que a levou a implicarse na vida asociativa da entidade da que é vicepresidenta.

 

 

A presentación da obra foi no Centro Ramón Piñeiro, cun aforo reducido debido á situación sanitaria, e asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín González; o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González; os alcaldes de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e de Vedra, Carlos Martínez Carrillo; representantes dos grupos municipais de Compostela e Blanca-Ana Roig Rechou, investigadora-colaboradora do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, impulsora do proxecto e unha das responsables da tradución ao galego.

 

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.