“E agora que?”

28/07/2019

Fundación bancaria “La Caixa” financia este proxecto de Sarela para prestar o servizo de información e atención de traballo social e psicoloxía a persoas e familias con dano cerebral adquirido.

Non cansaremos de repetir unha idea: a aparición dunha lesión repentina, e polo xeral moi discapacitante, como é o dano cerebral adquirido vai supoñer un impacto na vida tanto da persoa como da familia que esixirá a reorganización dos recursos persoais e a necesidade de ter determinados apoios. que antes non eran necesarios.

 

O DCA trae consigo, nun grao ou outro, unha interrupción do ciclo vital, unha desestruturación do contorno familiar (sobrecarga de traballo duns membros, cambio de roles…), illamento (perda de relacións sociais), falta de conxunto social e familiar da. coidadora, abandono do mercado de traballo tanto por parte da persoa afectada como da persoa coidadora (que se ve obrigada a coidar), precariedade económica (incremento dos gastos xunto á redución dos ingresos) e aspectos xurídicos e legais aos que haberá que facer fronte. (modificación da capacidade de obrar, trámites coas aseguradoras…).

 

Intervir sobre esta realidade é a base do convenio de colaboración asinado entre Sarela e a Fundación bancaria “La Caixa” en base á súa convocatoria de Promoción da autonomía persoal e atención ao envellecemento, á discapacidade e á enfermidade.

 

O proxecto, que leva o título Información e atención de traballo social e psicoloxía a persoas e familias con dano cerebral adquirido, ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con DCA e súas familias dándolles atención de traballo social e de psicoloxía e os coñecementos e ferramentas que lles permitan afrontar as distintas fases polas que pasará (o paso polo hospital, a chegada a casa etc), así como crear espazos de encontro con outras familias coas que crear unha rede social de apoio.

 

Aínda que en todos os casos podemos identificar unha serie de fases, o dano cerebral adquirido non afecta a todas as persoas e familias da mesma forma. Por iso é preciso ter unha atención individual e personalizada con cada persoa e cada familia. Algúns obxectivos específicos que busca o proxecto son que sexan profesionais especializados en DCA quenes acheguen a información sobre esta discapacidade, informar e asesorar sobre prestacións sociais e recursos especializados, coñecer as necesidades específicas das familias e realizar a atención psicolóxica para as familias que a precisen.

 

Actividades en grupo

 

Desde o punto de vista da intervención en grupo organízanse diferentes actividades ás que asisten familiares como sesións formativas sobre aspectos xerais, coidado físico nas persoas coidadoras, manexo de situacións difíciles etc. Para as familias das persoas con DCA contar cunha rede de apoio é moi importante sobre todo para as persoas que son coidadoras principais. En base a este proxecto tamén se organizan grupos para facer actividades saudábeis como, neste momento, clases de ioga, realizar algunha outra actividade de lecer e cultural etc.

 

Intervención na comunidade

 

Outro dos obxectivos do proxecto é a coordinación cos profesionais dos recursos socio- sanitarios do ámbito de actuación de Sarela, que comprende os 46 concellos da área sanitaria de Santiago-Barbanza. Sarela, nun traballo previo realizado neste territorio, constatou a necesidade que teñen as familias que viven máis afastadas de Santiago, cabeceira dos principais recursos socio-sanitarios, de acceder a unha atención especializada. Partindo desta realizada, o proxecto financiado pola Fundación bancaria “La Caixa” implica facer traballos de cordenación con profesionais de centros hospitalarios, centros de atención primaria e servizos sociais da área sanitaria de Santiago ao ser a “porta de entrada” para as persoas con DCA.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información