Sarela crea na Estrada e Arzúa dous puntos de información especializada en DCA

12/04/2019

O centro de saúde estradense e o concello de Arzúa colaboran no proxecto. Estes son os primeiros puntos de atención de Sarela fóra de Santiago e serán atendidos unha vez á semana por unha traballadora social da asociación.

  • Serán atendidos por unha traballadora social de Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela).
  • En Arzúa estará aberto os mércores de 10 a 13 horas na Casa do Concello e na Estrada os venres, co mesmo horario, no Centro de Saúde.
  • As persoas e familias que, como secuela dun ictus, traumatismo, cancro ou calquera outra causa, teñan ou convivan co dano cerebral terán información sobre esta discapacidade, recursos de atención e rehabilitación, axudas existentes, trámites administrativos etc.

 

O Dano Cerebral Adquirido (DCA) -a lesión no cerebro como consecuencia dun ictus, golpe, cancro, infección, falta de osíxeno etc- é hoxe a primeira causa de discapacidade e dependencia en España. A pesar da súa enorme incidencia, moitas persoas que ou teñen non acceder a unha información especializada e de calidade sobre as súas secuelas, posibilidades de recuperación grazas á rehabilitación específica, recursos de atención existentes etc.

 

Atendendo a esta necesidade, Sarela puxo en marcha dous puntos de atención en Arzúa e na Estrada para os que conta co apoio do consistorio arzuán e de Centro de Saúde estradense. Estes son os primeiros puntos de atención de Sarela fóra de Santiago e serán atendidos por unha traballadora social de Sarela como apoio ao equipo de profesionais aos profesionais municipais e do centro de saúde.

 

O da Estrada estará aberto todos os venres no Centro de Saúde en horario de 10 a 13 horas. O de Arzúa funcionará na Casa do Concello todos os mércores de 10 a 13 horas e tamén será o punto de información de referencia para a poboación de Melide, Lalín, Vila de Cruces, Santiso, Toques, Frades, Touro, O Pino e Boimorto.

 

As persoas que teñan dano cerebral adquirido, así como os seus coidadores e familiares, serán orientados e informados sobre a propia discapacidade (secuelas, fases de recuperación...), a súa rehabilitación, recursos existentes para ilo, trámites administrativos, axudas etc.

 

Sarela desenvolve o seu labor nos concellos da área sanitaria de Santiago (actualmente 46 cunha poboación case 450.000 persoas) e entre os seus obxectivos, a parte da prestación directa de servizos, está o de informar, apoiar e orientar ás persoas con DCA e súas familias.

 

Nos últimos dous anos iniciou un intenso traballo para analizar a situación das persoas con dano cerebral nestes concellos. Fixéronse máis de 80 reunións con servizos municipais, centros de saúde, hospitais e outros organismos. A partir da información obtida organízanse (máis de 30 até hoxe) charlas para n, persoas coidadoras e poboación en xeral para formar sobre a especificidade dos coidados das persoas con DCA, axudas etc.

 

A descentralización da actividade da asociación, coa creación de puntos de información en concellos da área sanitaria, é o seguinte paso dun traballo que busca ser máis eficaces á hora de atender as necesidades existentes en torno ao dano cerebral adquirido.

 

Neste sentido, Sarela ten detectado que o acceso aos recursos de atención especializada e mesmo á información é moi dispar . A diferente dotación de persoal dos centros de saúde, servizos sociais municipais moitas veces sobrecargadas, as dificultades de transporte nas áreas rurais etc determinan, en moitos casos, que as persoas con DCA non accedan a servizos especializados.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información