Que hai que saber sobre o ictus?

24/01/2014

Guía para actuar cando se produce o accidente cerebrovascular.

O ictus é a principal causa do dano cerebral adquirido. Calcúlase que case o 80% das persoas con DCA téñeno a causa un ictus.

 

Existen dous tipos de ictus: o hemorráxico (pola ruptura dunha arteria) e o isquémico (diminución do fluxo sanguíneo que chega ao cerebro por causa dun trombo ou coágulo).

 

En ambos casos é fundamental actuar canto antes acudindo a urxencias. Se se percibe unha dor de cabeza repentina e aguda, perda de forza ou sensibilidade nun só lado do corpo, visión borrosa, ou se teñen dificultades para falar e/ou comprender, hai que chamar ao 112 (emerxencias) ou ao 061 (urxencias médicas).

 

Este folleto da Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) aporta máis información ao respecto.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información