Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Recentemente Sarela comezou a atender a unha familia inmigrante que está en situación de exclusión social. A familia está formada por 3 mulleres, unha das cales ten o DCA e outra é unha menor de 10 anos. Agora poñemos a disposición de quen desexe axudar a esta familia dun Bizum de Sarela.
Sarela, ademais da atención en rehabilitación da membro da familia que ten dano cerebral, está apoiándoa con doazóns materiais de determinados produtos. Cabe destacar o apoio doutras entidades locais.
Sen embargo, a familia necesita diñeiro para facer fronte ao seu día a día. Por este motivo poñemos a disposición de quen desexa axudar a esta familia dun Bizum de Sarela. Todos os cartos recibidos serán doados a esta familia. Esta campaña estará aberta mentres non cambien as circunstancias da familia.
O código da campaña que hai que introducir na app do teu banco é o 07086.
Debemos ter en conta que o funcionamento de cada aplicación é diferente. En moitas delas este código debe ser escrito no campo reservado para o número de teléfono.