Recadadas 57.700 sinaturas contra o copagamento confiscatorio

23/03/2015

Campaña do CERMI pola reforma da Lei de Dependencia.

A Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) contra o copagamento confiscatorio logrou 57.700 firmas no seu primeiro mes de vida. Co obxectivo de alcanzar 500.000 apoios para esta ILP, o CERMI e as entidades da discapacidade manteñen o seu chamamento á cidadanía para que actúe afianzando os seus dereitos. A ILP propón establecer as regras do copago, que agora está en mans das Comunidades, producindo unha situación de desigualdade e inxustiza dependendo do territorio, xa que poñendo de escusa a situación de crise que atravesa o país, impuxéronse achegas económicas inasumibles e dispares. De feito, entre 2009 e 2014 a media da cantidade que aportan as persoas beneficiarias do sistema de dependencia polas axudas que reciben disparouse ata un 68%.

 

Para apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular, basta con achegarse a calquera das asociacións de dano cerebral que dispoñen de cadernos para a súa sinatura. Tamén é posible asinar con certificado dixital na web Mi Firma. Ademais, o CERMI habilitou unha web na que é posible seguir a evolución da campaña, consultar outras entidades onde asinar e onde acceder a todo o material para converterse en promotor da ILP e axudar a recoller apoios na contorna próxima.

 

Non o dubides, asina contra o copagamento confiscatorio. Afirma os teus dereitos.

 

Información extraída da páxina web de FEDACE.

 

Categorías: Discapacidade , Dependencia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información