Regresa ArousaMan, a travesía a nado solidaria con Sarela

18/07/2017

O sábado 29 de xullo volve á ría de Arousa a ArousaMan 2017 – Manolo O Nacho. Será a segunda edición desta travesía a nado, tras a primeira de 2015, que organiza un grupo de amigos afeccionados á natación en augas abertas para chamar a atención sobre as dificultades que teñen que vivir as persoas con dano cerebral adquirido.

O sábado 29 de xullo volve á ría de Arousa a AROUSAMAN – Manolo O Nacho. Será a segunda edición desta travesía a nado, tras a primeira de 2015, que organiza un grupo de amigos afeccionados á natación en augas abertas para chamar a atención sobre as dificultades que teñen que vivir as persoas con dano cerebral adquirido.

 

O inspirador foi Manolo Martínez, unha persoa con DCA derivado dun neuronoma acústico, un tumor cerebral benigno. Seus amigos buscaron un evento deportivo de especial dureza para tratar de simbolizar as esas dificultades que afrontan así como para reclamar máis apoio das institucións.

 

Esta cita tamén quere sirvir para apoiar e promocionar o labor de Sarela. Ese día os/as nadadores/as percorrerán os 13 quilómetros que separan O Grove da praia de Coroso, en Ribeira. Tedes toda a info en www.arousaman.com.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información