“Reiniciando”, a canción de Favorita para as persoas con dano cerebral

05/01/2021

Sarela comezou o ano co firme propósito de mirar cara adiante e afrontándoo con novos ánimos. Fixémolo da man de Favorita, un grupo da cabalo entre Santiago, Cuntis e A Estrada, e o enorme tema que fixeron para nós. “Reiniciando” é optimismo, vitalidade e afronta o dano cerebral poñendo en valor ás persoas e súas capacidades. O proxecto naceu para formar parte da representación anual da compañía de teatro de Sarela e que se tivo que suspender.

Favorita son Saleta Fernández (voz), Fran Campos (guitarra), Alberto Torres (batería) e Fran Rei (baixo). Chegamos a eles da man de Fran Campos, á vez condutor do espazo A Galería 2.0 en Radio Estrada e no que Sarela participa semanalmente. Naqueles momentos Sarela estaba a preparar os actos do seu 20 aniversario e propuxémoslles a posibilidade de compoñer unha canción no que se puideran ver reflectidas as persoas con dano cerebral e o labor de Sarela. Daquela, a comezos de ano, a intención era estreala durante a representación da obra de teatro que anualmente facemos no Auditorio de Galicia.

Cando a situación cambiou, coa chegada da pandemia, Favorita non parou e á volta do verán tiñan preparado o tema e decidimos que había que pasar polo estudio. Reiniciando é rock e sorprende desde o comezo. Afronta o tema do dano cerebral falando da persoa. Da que ten dano cerebral pero tamén da quen convive con ela. Das capacidades perdidas pero sobre todo de como vivir desde as mantidas. Do valor único que é cada persoa e da posibilidade de reiniciar unha nova vida.

Sartela tamén quere agradecer a Fernando Campos de Edisco • Recording Studio

pola sua implicación e bo gusto. E non queremos esquecernos de Jose Ángel Castro, un dos nosos socios, que coa súa colaboración fixo posible gravar o tema.

Escoita Reiniciando na nosa canle de Youtube:

Reiniciando. Canción de Favorita falando do dano cerebral

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información