Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Vedra e Santa Comba foron os primeiros concellos da nosa área sanitaria nos que organizamos encontros para informar sobre as causas do dano cerebral adquirido, a súa prevención e recuperación. Con este traballo de divulgación, encadrado no Programa de información, orientación e apoio, continuamos co iniciado o ano pasado e no que as traballadoras sociais da asociación mantiveron 86 reunións con concellos, centros de saúde e hospitais.

Nos últimos meses as traballadoras sociais de Sarela visitaron 43 servizos sociais municipais, 39 centros de saúde, o CHUS e o Hospital do Barbanza, así como outros organismos, como primeira paso para dar a coñecer intensamente o dano cerebral adquirido entre a poboación e profesionais. Estes primeiros encontros con profesionais tiveron como obxectivos dar a coñecer os servizos de Sarela pero sobre todo favorecer a eficacia da atención ao DCA coa coordinación con outros profesionais, a actualización continua de información sobre recursos, prestacións etc e planificar campañas de sensibilización.
Unha vez completado este traballo, o seguinte paso é organizar charlas nos concellos da área sanitaria de Santiago. Estes encontros, como os realizados en Vedra e Santa Comba, terán dúas modalidades. Por un lado haberá charlas abertas ao público no que se falará de aspectos xerais do DCA ou doutras temáticas máis específicas e, por outro, organizaremos charlas dirixidas a profesionais.
Aos encontros abertos de Vedra e Boqueixón asistiron unas cincuenta persoas e neles unha profesional de Sarela foi a encargada de achegar a información e responder ás dúbidas e inquedanzas. En datas próximas manteranse novas xuntanzas.