• servizos sarela 795x180

Noticias

Sarela amplía a xestión de calidade a máis servizos e programas da entidade e recibe o certificado conforme á norma ISO 9001:2015

Sarela amplía a xestión de calidade a máis servizos e programas da entidade e recibe o certificado conforme á norma ISO 9001:2015

Esta semana Sarela recibiu de AENOR o certificado que acredita que Sarela ten un sistema de xestión de calidade conforme á norma ISO 9001:2015 para a prestación do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT), Servizo de Atención Especializada (SAE), Servizo de Orientación Laboral, Servizo de información, orientación e apoio ás familias así como para o de mantemento, mellora da autonomía persoal e inclusión social para persoas con dano cerebral adquirido.

 

Até este momento Sarela dispoñía desde o ano 2010 do certificado de calidade para o SADT pero a xunta directiva decidiu estratexicamente ampliar o alcance da política de calidade a toda a entidade. A comezos de ano persoal da certificadora AENOR realizou a auditoría externa necesaria para acreditar o correcto establecemento de obxectivos, funcionamento dos servizos, eficiencia na xestión, consideración de riscos asociados etc.

 

Segundo a súa política de calidade, Sarela comprométese a desenvolver programas que potencien a autonomía persoal e a toma de decisións das persoas con dano cerebral adquirido facilitando o desenvolvemento e normalización da vida do sistema familiar. Os seus obxectivos xerais son asegurar a satisfacción dos seus grupos de interese, incrementar e consolidar a innovación nun ámbito de mellora continua e contar con persoal coa formación e a motivación suficientes, e así conseguir a mellora dos procesos e a súa orientación á satisfacción das persoas atendidas e do propio persoal. Esta política de calidade tamén recolle obxectivos e compromisos referidos ás persoas usuarias e familias, persoas voluntarias, colaboradores e provedores, financiadores públicos e privados, á sociedade e ao persoal da entidade.

 

Categorías: Sarela
Tags: Sarela, calidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.