Localización dos puntos informativos

Sarela amplía a súa rede de puntos de información especializada en dano cerebral para atender a 15 concellos

07/10/2021

Sarela abriu este mes dous novos puntos informativos especializados en dano cerebral adquirido en Lalín e Mazaricos e que se suman aos que xa funcionan na Área sanitaria de Santiago e Barbanza na Estrada, Arzúa, Ribeira e Santiago. O esforzo realizado por Sarela para atender estes puntos de información encádrase no obxectivo de achegar información ás familias con dano cerebral adquirido que viven máis lonxe de Santiago e detectar as súas necesidades de atención.

Os puntos informativos de Mazaricos, Lalín, A Estrada, Arzúa e Ribeira darán servizo a outros 10 concellos das súas áreas de influencia . En conxunto máis de 133.000 persoas terán acceso gratuíto ao Servizo de información, orientación e apoio ás familias grazas á colaboración dos concellos de Arzúa, Lalín e Mazaricos así como do SERGAS, e do financiamento da Consellería de Política Social a través do Convenio Nominativo con FEGADACE. . ea través do IRPF para o ano 2021, e da Deputación da Coruña (no caso dos puntos dos concellos nesta provincia) a través da convocatoria FOCVAA.

A continuación figura a información de cada puntos de información:

 

Mazaricos.  Punto informativo de nova creación

Lugar: Casa da Cultura

Horario: todos os luns de 10:30 a 13:30.

Dá servizo aos concellos de Mazaricos, Santa Comba, Muros, Outes e Carnota.

 

Lalín. Punto informativo de nova creación

Lugar: Lalín Arena

Horario: último mércores de mes de 10:30 a 13:30.

Dá servizo ao Concello de Lalín coa previsión de atender tamén á poboación de Agolada, Dozón, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

 

A Estrada

Lugar: Centro de saúde.

Novo horario: primeiro luns de mes de 10:00 a 13:00

 

Arzúa

Lugar: Sede de servizos sociais.

Novo horario: primeiro mércores de mes de 10:00 a 13:00.

Dá servizo aos concellos de Arzúa, Melide, Touro, O Pino, Boimorto, Santiso, Toques e Frades.

 

Ribeira

Lugar: Hospital da Barbanza

Novo horario: primeiro venres de mes de 10:30 a 13:30

Dá servizo aos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Porto do Son.

 

Hospital Clínico de Santiago

Horario: todos os mércores de 15:30 a 17:30

 

Como funcionan os puntos de información?

Todas as familias destes concellos nas que algún dos seus membros teñan dano cerebral poden pedir cita para asistir a este punto de información que é gratuíto. É necesario cita previa, que se pode solicitar a través da traballadora social do concello ou do recurso sanitario de procedencia ou ben chamando ao 981 577 037 de Sarela.

 

No punto de información unha traballadora social de Sarela ofrecerá información e orientación sobre o dano cerebral relacionados coa volta ó domicilio despois da alta hospitalaria, recursos e servizos aos que pode ter dereito a persoa, servizos dirixidos á familia e persoa coidadora. Tamén existe a posibilidade de que a atención sexa a domicilio en función das necesidades das familias.

 

Por outra banda, as persoas usuarias dos Puntos de Información poderán beneficiarse de atención psicolóxica individual (tanto a persoca con DCA como a familia), atención psicolóxica grupal mediante a creación de grupos de familias e de información concreta relacionada coa orientación laboral das persoas con dano cerebral.

 

No funcionamento dos Puntos de Información será clave a coordinación con outras unidades de referencia como  Atención Primaria de saúde, Servizos Sociais e outros recursos comunitarios da zona.

 

Outras actividades

Xunto á atención do punto de información Sarela quere achegar á realidade do DCA á poboación xeral a través de diferentes actividades de sensibilización e prevención como charlas publicadas a grupos de risco como terceira idade, colaboracións cos colexios e institutos, etc.

Tags: información

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información