Sarela comeza a elaboración do seu terceiro Plan Estratéxico

08/07/2022

Esta semana Sarela celebrou a primeira mesa de traballo de cara á elaboración do terceiro Plan estratéxico da entidade. O proceso para a súa redacción é participativo e nel interveñen persoas con Dano Cerebral, familiares, membros da Xunta Directiva e profesionais da entidade.

Este terceiro plan estratéxico marcará o plan de actuación de Sarela nos vindeiros anos para seguir sendo unha das referencias na Área Sanitaria de Santiago-Barbanza na atención ao DCA. Con anterioridade a asociación xa redactara os planes estratéxicos para os periodos 2011-14 e 2016-20.

Na elaboración do Plan Estratéxico 2023-24  Sarela conta co asesoramento de ReTnova Proxectia Consulting S.L., unha empresa de consultoría especializada no ámbito social, de xénero e na asistencia técnica na planificación, execución e avaliación de políticas públicas.

O martes 5 de xullo celebrouse na sede de Sarela a primeira mesa de traballo composta por oito persoas que representan a persoas e familias con Dano Cerebral, membros da Xunta Directiva e profesionais da entidade. Esta sesión tivo por obxectivo identificar os ámbitos prioritarios de actuación de Sarela nos vindeiros anos así como as necesidades, inquedanzas e suxestións de mellora.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información