Sarela no boletín Compartir de FEDACE

08/07/2014

Dúas noticias da Asociación de Dano Cerebral de Compostela na revista online da Federación.

As actividades de Sarela volveron abrirse un oco no boletín 'Compartir' da Federación Española de Daño Cerebral. Esta revista online, que se publica mensalmente, acada co exemplar de xuño o seu número 92. Compartir recolle, cada mes, a actualidade máis salientábel do movemento asociativo do dano cerebral.
 
O vídeo elaborado polo voluntariado de Sarela, no que amosan o traballo que fan na asociación, e a reportaxe sobre Carlos, o primeiro usuario do proxecto Construíndo Futuro en beneficiarse do convenio de prácticas con Airas Catering, son as informacións seleccionadas por FEDACE de entre as xeradas pola asociación de dano cerebral de Compostela durante o mes pasado.
 
Ademais, Sarela participou na Asemblea Xeral de FEDACE, que protagoniza o boletín coa noticia de encabezamento. Os compañeiros e compañeiras de ADACECO, a asociación da Coruña, teñen tamén un oco no 'Compartir' número 92, no que se anuncia a súa próxima estrea teatral.
 
Complétase o boletín con máis novidades sobre o dano cerebral, a axenda das asociacións, noticias sobre discapacidade, e un monográfico dedicado ao programa de prevención viaria de ATECEA - Zaragoza.
 
O boletín pode consultarse nesta ligazón: Compartir nº 92.
 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información