Colaboración entre a asociación e a entidade deportiva.
A S.D. Compostela estrea esta semana unha pancarta de Sarela, no marco da continuada colaboración entre a entidade deportiva e a asociación de dano cerebral adquirido.
"Xoga con cabeza, frea o dano cerebral" é o lema que o público da S.D. Compostela poderá ler no estado de San Lázaro, a través do que Sarela pretende sensibilizar sobre a prevención do DCA no deporte.
Os traumatismos cranioencefálicos son a segunda causa de dano cerebral -tralo ictus-. Moitos deles prodúcense por contusións e golpes no deporte. Sarela quere, con esta campaña, contribuír a promover os valores de respecto e xogo limpo para evitar que se produzan este tipo de situacións.
A asociación de dano cerebral adquirido tamén valora moi positivamente a colaboración con entidades deportivas e a promoción de hábitos de vida saudábeis, que tamén axudan a previr as causas do DCA.
A colaboración da S.D. Compostela con Sarela vén de lonxe. O Compos ten dedicado á asociación partidos solidarios, facilita o acceso das persoas usuarias da entidade ao estadio, e adestra, unha vez por semana, ao grupo de mozos e mozas de Sarela agrupados no proxecto Construíndo Futuro.