José Balboa, presidente de Sarela, fala sobre o nacemento da asociación e do seu funcionamento.

Sarela no programa Sen barreiras da Televisión de Galicia

06/04/2017

Esta semana Sarela foi un dos protagonistas dunha nova edición do programa Sen barreiras que desde o mes de febreiro emite a Televisión de Galicia.

Esta semana Sarela foi un dos protagonistas dunha nova edición do programa Sen barreiras que desde o mes de febreiro emite a Televisión de Galicia. Este espazo divulgativo ten como obxectivo dar visibilidade ao traballo que realizan entidades vinculadas á discapacidade en toda Galicia, a persoas que son protagonistas de historias de superación e normalización social e outros temas de interese.

 

Nesta ocasión Sarela comparte espazo con Aceesca, unha asociación de utilidade pública sen ánimo de lucro, que contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, das súas familias e da contorna. Ademais o programa preséntanos a Martín Blanco, un venezolano afincado na Coruña, e Ana María, que tras ver un vídeo moi especial sentiu o empurre definitivo para ser nai.

 

Podes acceder aquí ao programa. O traballo de Sarela está recollido entre o minuto 17:45 e o 20:10, e entre o 23:06 e o 24:30.

 

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información