Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A situación pola que pasamos obriga a suspender actividades que viñamos realizando nos últimos anos como era a camiñada por Santiago ou a nosa presenza con puntos informativos en diferentes concellos da área sanitaria. Pero Sarela celebrará a Día do DCA coa lectura do manifesto do movemento asociativo, a iluminación de edificios da cidade e presenza en medios.

Un dos actos máis importantes ao longo do ano para Sarela era a marcha que persoas socias, familiares, profesionais, amigos e representantes institucionais realizaban en Santiago con motivo da celebración o 26 de outubro do Día do Dano Cerebral. A camiñada remataba na Praza do Obradoiro coa lectura do manifesto que todas as entidades do movemento asociativo redactamos para todo o Estado.
Este ano este acto, xunto con outros como era a instalacións de puntos informativos en Santiago, Arzúa, A Estrada e Ribeira, non serán posibles. A pesares diso, o luns 26 Sarela fará a lectura do manifesto a través dun vídeo gravado por persoas usuarias dos nosos servizos. Será o luns a partir das 12 horas do mediodía.
Este ano, como os últimos, tamén contaremos co apoio de institucións como a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago para iluminar de azul, a cor do movemento asociativo do dano cerebral, os edificios administrativos Xunta de Galicia en San Caetano e San Marcos, o Pazo de Raxoi e as Torres Hejduk na Cidade da Cultura.
A maiores, Sarela terá presenza nos medios de información a través de distintas entrevistas e reportaxes.