Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O proxecto está impulsado por FEGADACE, a Asociación Arousaman e o nadador Aitor de Luis do colectivo Batalla de Rande para a promoción do deporte acuático na abordaxe do dano cerebral, e para a organización dunha travesía a nado solidaria.
Para a consecución da participación das persoas con DCA na travesía a nado estanse a celebrar unha serie de obradoiros nos que participan seis persoas con dano cerebral socias de Sarela e dúas terapeutas ocupacionais da entidade. As terapeutas reciben formación sobre como facilitar a natación ás persoas con DCA e posteriormente elas trasladan ese adestramento ás persoas con esta discapacidade.
Tanto Aitor de Luis, nadador de augas abertas, como o colectivo Arousaman, teñen experiencia na organización de travesías. Arousaman leva anos colaborando con Sarela dedicándolle á entidade de dano cerebral a travesía bianual que organizan, e nesta ocasión únense a De Luis para realizar unha travesía para difundir especificamente a causa do dano cerebral adquirido.