• servizos sarela 795x180

Noticias

Sarela participará en 2017 como entidade responsable de liderar proxectos dentro da comunidade Conectados pola accesibilidade

Sarela participará en 2017 como entidade responsable de liderar proxectos dentro da comunidade Conectados pola accesibilidade

Reunión das entidades mentoras o 24 de xaneiro en Madrid. © Fundación Vodafone España.

O proxecto Mefacilyta para DCA entrou nunha nova fase que comezou de forma oficial o pasado 24 de xaneiro na sé da Fundación Vodafone España. As asociacións de Dano Cerebral Adquirido participarán por terceiro ano consecutivo neste proxecto que no seu primeiro ano supuxo realizar un labor de proba da aplicación Mefacilyta e que se transformou nun proxecto de converxencia entre entidades da discapacidade en forma de Comunidade, co nome de Conectados pola accesibilidade.

 

Mefacilyta é un dos desenvolvementos da Fundación Vodafone para móbiles e tabletas co que as persoas con discapacidade poden acceder a apoios personalizados que promoven a súa autonomía persoal. A consolidación da aplicación permitiu crear a Comunidade Conectados pola accesibilidade, na que distintas entidades da discapacidade comparten apoios, proxectos e material; buscando mellorar a ferramenta, ampliar o seu uso e lograr que sexa sostible.

 

Na Comunidade participan asociacións de Plena Inclusión España, Down España, a Confederación ASPACE, a Orde Hospitalaria de San Juan de Deus e de FEDACE. No caso de FEDACE, durante 2016 chegaron a participar 10 entidades con 100 persoas usuarias e un dos obxectivos de 2017 é ampliar o proxecto a dúas entidades máis e alcanzar a 160 persoas usuarias.

 

A Comunidade estruturase en entidades mentoras, responsables de liderar proxectos ao redor do conxunto de aplicacións da Fundación Vodafone, e en entidades asociadas. Durante a reunión do 24 de xaneiro as entidades mentoras participantes compartiron iniciativas a desenvolver en 2017, que reciben o nome de Proxectos de Transformación Dixital.

 

Estes proxectos destacan polo seu carácter cooperativo, xa que en cada un deles implicaranse polo menos dúas entidades da comunidade que traballarán asociadas a outras dúas entidades externas como, por exemplo, empresas, asociacións de veciños, bibliotecas, concellos, ximnasios etc. Sarela participará en 2017 como entidade mentora impulsando este tipo de proxectos.

 

A Comunidade Conectados pola Accesibilidade ten como obxectivo, a través do uso das ferramentas TIC promovidas pola Fundación Vodafone España, ser un referente para os procesos de Transformación Dixital nas contornas de vida das persoas con discapacidade intelectual e/ou outras discapacidades que favorezan a súa inclusión e participación activa na nosa Sociedade.

 

Os próximos días 21 e 22 de febreiro de 2017 convocouse o II Encontro da Comunidade, que acollerá en Vodafone Praza a máis de 200 participantes e que será a posta en marcha deste ano dirixido á Transformación Dixital.

 

A actividade da Comunidade pódese seguir en Twitter a través do hashtag #conecta2Xaccesibilidad.

 

Información elaborada a partir da web de FEDACE

 

 

Categorías: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.