Sarela participará na “I Xuntanza de Rugby Inclusivo en Compostela”

14/06/2022

Será o sábado 25 organizada pola Asociación Valentes-Club Deportivo Lobos co obxectivo principal desta xornada é ofrecer un espazo de participación deportiva inclusiva no entorno comunitario a partir do rugby. En días pasados. Estes días Xabi Vidal presentou a actividade ás persoas usuarias dos nosos servizos, a quen coñecía pois hai pouco rematou o seu período de tres meses como alumno en prácticas de Educación Social.

Esta xornada desenvolverase de forma aberta e gratuíta o sábado 25 de xuño no campo de fútbol da Universidade de Santiago entre as 11:00 e as 13:00 horas. A Asociación Valentes organiza a actividade co obxectivo de ofrecer un espazo de crecemento e mellora individual e social e achegar o deporte á cidadanía que atopa barreiras de participación igualitarias na comunidade, empregando o rugby como ferramenta de inclusión e mellora. Esta é a información que achegan desde a asociación:

Metodoloxía

O método que se vai empregar para esta primeira xornada de rugby inclusivo vai ser o “mixed ability rugby”. Agora ben, ¿Qué é isto? Esta metodoloxía pretende ofrecer un espazo de inclusión, mellora física e avance social mediante o rugby. Para isto, no “mixed ability rugby” non existen modificacións respecto as normas “World Rugby” e leva a cabo a súa actividade tanto con persoas con como sen discapacidade de forma igualitaria”.

Obxectivo

O obxectivo principal desta primeira xornada vai ser ofrecer un espazo de participación deportiva inclusiva no entorno comunitario empregando o rugby como vía facilitadora. Así pois, a diversidade de corpos, habilidades e identidades será a chave desta diversidade e a participación plena das/dos xogadoras/es a clave da inclusión. Un dos factores clave vai ser o benestar das persoas participantes, polo que a organización da xornada está deseñada de xeito que a participación e implicación sexa máxima.

Destinatarias/os

A actividade está deseñada para toda persoa maior de 16 anos que teña ganas de participar neste espazo e xogar ao rugby. Así pois, no encontro atoparemos persoas con diferentes capacidades e habilidades, sendo toda persoa benvida sexan cales sexan as súas características e téndose en conta pola organización da xornada e das actividades. Solicitamos que aquelas persoas que precisen dun/ha acompañante o fagan constar na inscrición para facilitar a súa participación.

Programa

O encontro será celebrado o vindeiro día 25 de Xuño dende as 11h ata a 13h no Campo de Fútbol da USC, desprazándonos despois para celebrar o terceiro tempo cunha merecida churrascada (opción vegana). Durante a sesión realizaranse diferentes actividades enfocadas ao desenvolvemento motriz, actividades lúdicas e coñecemento básico das normas do rugby.

Inscrición e dúbidas

Formulario de inscrición AQUÍ.

Chamada ou WhatsApp ao 607845937 ou enviando un correo a rugbyinclusivocompostela@gmail.com

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información