Sarela pon en marcha o grupo “Sarela en Primeira Persoa”

01/06/2023

Tomar a palabra e participar de forma directa nos espazos sociais de representación da entidades é o obxectivo deste grupo formado por persoas con dano cerebral. Elas e eles serán persoas empoderadas e activas na relación con institucións, administracións, entidades empresarias, medios de comunicación etc para reivindicar os dereitos das persoas e familias con DCA, trasladar propostas para mellorar a súa situación e dar a coñecer a diversidade desta discapacidade.

O 31 de maio celebrouse a constitución do grupo “Sarela en Primeira Persoa” e na que participan inicialmente sete persoas con dano cerebral adquirido. Esta iniciativa forma parte dun grupo de accións recollidas no Plan Estratéxico de Sarela para 2023-24 que teñen como obxectivo consolidar a entidade como organización e como referente principal do dano cerebral en Santiago e o resto de concellos da súa área sanitaria.

“Sarela en Primeira Persoa” é unha iniciativa novidosa para mellorar e fomentar a participación e tamén para coñecer os intereses e demandas das persoas socias. As súas funcións será a de participar directamente nos espazos de representación da asociación como son xuntanzas con institucións, administracións, entidades do terceiro sector, empresariais etc e intervencións en medios de comunicación. Como persoas con dano cerebral e coñecedoras desta discapacidade, serán as encargadas de reivindicar os dereitos das persoas e familias con DCA, trasladar propostas para mellorar a súa situación e dar a coñecer a diversidade desta discapacidade.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información