Sarela presenta o blog das persoas usuarias do centro de día

24/02/2015

A publicación vaise actualizar unha vez á semana.

 
O obradoiro de Novas Tecnoloxías ao que asisten cada semana as persoas usuarias do centro de día de Sarela vén de recuperar o blog da asociación. Este blog, que se pode atopar no enderezo http://blogsarela.blogspot.com, data de 2011, cando, tamén desde o centro de día da asociación, se comezou a traballar coa incorporación ao mundo dixital.
 
As actualizacións do blog vanse publicar unha vez á semana, e terán como protagonistas o devir na asociación, o seu día a día, e os intereses e inquedanzas dos usuarios e usuarias do centro de día.
 
O primeiro post, publicado o mércores, 18 de marzo, saúda ao público do blog anunciando esta nova etapa, e presentando as instalacións do Traspaxonal. Os textos están acompañados dun percorrido fotográfico polo centro, no que tamén se amosan actividades e no que se explica a organización do centro de día. A reportaxe péchase con propostas para o futuro... e animando a "que non perdades detalle!".
 
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información