Sarela formará aos profesionais de OCA Hotels na prevención do Dano Cerebral Adquirido

03/02/2022

O director do hotel OCA Puerta del Camino, Lalo Crespo, tamén fixo entrega esta mañá da recadación de 656,00 euros acadada no acendido solidario realizado nas instalacións do establecemento en Nadal, a Sarela, Asociación de Dano Cerebral de Compostela, representada pola súa vicepresidenta, Concha Otero, e o secretario, Luciano Fernández Pintor.

Concha Otero agradeceu en nome de Sarela a colaboración de Oca Hotels pois sobre todo axuda a dar visibilidade social ao Dano Cerebral. Sarela destinará esta doazón para o equipamento da terraza exterior do seu centro, que permitirá ás persoas usuarias de todos os servizos e familiares ter un espazo de descanso e desfrute, onde tamén desenvolver actividades que serven de espazo de encontro e relación.

 

Formación para profesionais

Así mesmo Sarela proporcionará formación aos profesionais da compañía hoteleira enfocada á prevención do Dano Cerebral Adquirido causado por ictus, traumatismos cranioencefálicos en accidentes de tránsito, laborais, tumores cerebrais, etc. Nesta formación tamén se falará de aspectos xerais do DCA como son a súas secuelas e dos servizos que presta a entidade.

 

Desde a dirección do OCA Puerta del Camino recordan que “a colaboración con entidades que traballan con colectivos vulnerables é parte da filosofía do noso hotel e ademais é un compromiso de toda a cadea OCA. Estamos moi orgullosos do éxito e da participación dos nosos amigos e veciños de Santiago e arredores no noso acendido solidario de Nadal. Ademais, esta acción formativa, que estenderemos ao persoal de OCA Hotels a través de participación virtual, permitiranos coñecer de primeira man o labor que desenvolven en Sarela e as consecuencias do dano cerebral,como previlo, pero sobre todo valorar que unha determinada limitación non exclúe. Recoñecer e promover a inclusión é responsabilidade de todos”, sinalou Crespo.

 

Categorías: Sarela
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información