• banner web aniversario2

Noticias

Sarela recibe de Compostela Solidaria os 6.300 euros recadados en novembro no Concerto Solidario

Sarela recibe de Compostela Solidaria os 6.300 euros recadados en novembro no Concerto Solidario

Na mañá de hoxe representantes da xunta directiva da asociación Compostela Solidaria fixeron entrega a Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela) dun talón cos 6.305 euros recadados no concerto organizado o 29 de novembro no auditorio La Salle e ao que asistiron unhas 700 persoas.

 

Na entrega participaron por parte de Compostela Solidaria Luis Rivero de Aguilar, Dolores Varela e Carlos Nieves e por Sarela seu presidente, José Balboa. Sarela quere agradecer a Compostela Solidaria esta colaboración e o traballo realizado para a organización dun evento xa consolidado en Santiago.

 

Compostela Solidaria é unha das moitas entidades sen ánimo de lucro que enriquecen a nosa cidade e que ten a particularidade que está integrada por persoas xubiladas. Unha das actividades que organizan ao longo do ano é o Concerto Solidario que reúne a varios grupos de música e cuxa recadación é destinada a outra entidade social.

 

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.