Sarela recibiu hoxe a visita de tres xogadores do Compostela

08/04/2015

Antes de marchar repartiron entradas e fotografáronse coas persoas usuarias da asociación.

Os xogadores da SD Compostela Yacine, Cristian e Alcañiz, acompañados do responsábel de relacións externas do club deportivo, Ramón Castro, visitaron esta mañá o centro de Sarela no Traspaxonal. Os futbolistas estiveron no centro de día e atenderon as preguntas das persoas con dano cerebral adquirido.
 
A delegación do Compostela foi recibida pola vicepresidenta de Sarela, Concha Otero, e pola súa directora, Rocío García. Ambas ensinaron a pranta de centro de día aos convidados, que se interesaron polas causas do DCA e polos servizos que ofrece asociación. 
 
Trala visita reuníronse coas persoas usuarias do centro de día, que tiñan moitas preguntas que facer a Yacine, Cristian e Alcañiz. Foron interrogados pola súa idade, o seu posto no equipo, a súa retribución, e mesmo sobre o seu estado civil. Tamén responderon a cuestións sobre os días de adestramento, a dureza das probas técnicas, e recibiron ánimos para continuar a pelexar polo ascenso á Segunda División.
 
Antes de marchar, os tres futbolistas repartiron, entre as persoas usuarias de Sarela, entradas para o próximo partido do Compostela e pins do club de fútbol.
 
    Visita da SD Compostela Visita da SD Compostela Visita da SD Compostela Visita da SD Compostela Visita da SD Compostela Visita da SD Compostela Visita da SD Compostela
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información