Sarela retoma a campaña de sensibilización sobre o ictus

25/09/2014

Profesionais e persoas usuarias da asociación estarán o martes en Fontiñas.

A prevención do dano cerebral adquirido (DCA) é unha das prioridades de Sarela. O ictus é a principal causa do DCA (nun 78% dos casos), polo que a asociación centra os seus esforzos na sensibilización sobre as súas causas e a súa detección. Así, unha vez ao mes, Sarela acode a un centro sanitario de Compostela para informar sobre o ictus.
 
A cita deste martes, 30 de setembro, é a primeira da tempada tralas vacacións de verán. Sarela estará no Centro de Saúde de Fontiñas (Rúa das Fontiñas, 19) desde as 10:30 ata as 12:30 hh. Un grupo de profesionais e persoas usuarias da asociación que teñen dano cerebral adquirido causado por ictus explicará, a quen queira achegarse, as características da súa discapacidade.
 
Nestas sesións repártese un folleto que comeza cunha enquisa sobre o coñecemento do ictus. A partir dos seus resultados explícase á persoa que está a ser informada como se poden detectar os síntomas de alarma do ictus, e de que maneira se poden previr os seus factores de risco.
 
Tags: ictus

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información