Sarela visita a Fundación Eugenio Granell

17/04/2015

Saída organizada no marco do programa de saídas culturais e de lecer.

Once das persoas usuarias de Sarela achegáronse esta mañá ao céntrico Pazo de Bendaña, en Compostela, para visitar o museo e sede da Fundación Eugenio Granell. Deron unha volta pola cidade e apreciaron o traballo do pintor surrealista.
 
Os usuarios e usuarias de Sarela beneficiáronse dunha visita guiada, na que lles explicaron, como se ve na imaxe, o traballo do pintor. Recibiron información sobre os principais rasgos da súa obra pictórica, algunhas nocións sobre o surrealismo, a corrente que inspira as composicións do pintor e escritor, e oíron sobre a vida de Granell, que estivo exiliado ata dez anos despois da morte de Franco.
 
Esta saída forma parte do ciclo que cada venres leva a un grupo de usuarios e usuarias do centro de día a unha visita cultural, paseo ou actividade de lecer, e que habitualmente Sarela emprega para estar ao tanto das exposicións que hai na cidade.
 
    Sarela visita a Fundación Granell Sarela visita a Fundación Granell
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información