Segunda preestrea de 'En Sarela non hai quen viva!!'

09/06/2015

Persoas usuarias de Sarquavitae asisten mañá á representación.

Un grupo de persoas residentes nas instalacións de Sarquavitae San Lázaro asiste mañá á segunda preestrea da obra de teatro de Sarela. Os espectadores e espectadoras chegarán ás 11:00 a Sarela para a representación de 'En Sarela non hai quen viva!!'.
 
Trátase da última proba antes do ensaio xeral e da estrea da obra, que será o venres, 19 de xuño, ás 19:30. As entradas están á venda en Sarela; para adquirilas só é necesario achegarse á asociación en horario de 9:30 a 17:30. O seu prezo é de 6 euros. A estrea vai ser ás 19:30 no Auditorio de Galicia.
 
A primeira preestrea de 'En Sarela non hai quen viva!!' foi o pasado 27 de maio. Asistiron persoas usuarias da residencia da Fundación José Otero - Carmela Martínez.
 
    Cartel 'En Sarela non hai quen viva!!' Entrada 'En Sarela non hai quen viva!!'
Categorías: Sarela , Teatro
Tags: Teatro
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información