Seis asociacións acompañan a Sarela na súa xornada deportiva

04/12/2014

Celebrada o 3 de decembro, Día Internacional da Discapacidade.

Sesenta persoas participantes, acompañadas de 23 profesionais, asistiron onte á Xornada de Deporte Adaptado que Sarela organizou con motivo do Día Internacional da Discapacidade. As persoas convidadas pasaron a mañá no Pavillón do Restollal probando diferentes disciplinas deportivas adaptadas: boccia, pádel adaptado e xogos populares.
 
Os deportes practicáronse de maneira simultánea, e os grupos asistentes mesturáronse e rotaron entre as tres actividades. Ao fondo do pavillón sitouse ASPADO (Asociación Pádel para Todos), que contou coa colaboración da empresa de material deportivo Softee para guiar a actividade de pádel adaptado. Na parte central despregáronse os xogos populares: as persoas asistentes puideron probar diferentes actividades co paracaídas, os aros e o diábolo. Por último, no campo de boccia Sarela contou coa colaboración do equipo de Alento (a Asociación de Dano Cerebral de Vigo), que leva texpo experimentando con este deporte.
 
A xornada contou coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, que cedeu as instalacións. A concelleira de Benestar e Deportes, María José Corral, achegouse a media mañá ao Pavillón do Restollal para ver de preto a actividade.
 
Ademais das persoas usuarias de Alento, asistiron ao encontro membros de Agadea (asociación de Alzheimer), Aspanaes (autismo), Aspas (discapacidade intelectual), Fonte da Virxe (enfermidade mental) e AMICO (discapacidade física).
 
    Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado Xornada de Deporte Adaptado
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información