A solidariedade a través do voluntariado en Sarela

04/02/2014

As persoas con DCA colaboran con outras asociacións ao tempo que reciben axuda voluntaria.

O voluntariado é un xeito de retroalimentación coa sociedade. Por iso é tan importante para Sarela. A asociación recibe a persoas voluntarias que prestan a súa axuda en diferentes actividades, ao tempo que as persoas usuarias de Sarela ofrecen o seu apoio implicándose noutras asociacións.

 

A páxina web de Sarela conta cun apartado dedicado ao voluntariado no que se facilita a comunicación directa coa encargada desta actividade, Noelia Nieto. Cubrindo un sinxelo formulario pódese solicitar información e ofrecer apoio voluntario á asociación. Son moitas as actividades que se poden desenvolver a través do voluntariado, e múltiples os perfís: cada persoa pode facer a súa aportación en función dos coñecementos e habilidades de que dispón.

 

As persoas usuarias de Sarela tamén poñen as súas habilidades ao servizo do ben común. Colaboran con outras causas e asociacións fortalecendo a súa inclusión social e aportando o seu gran de area por un mundo máis xusto. No apartado de voluntariado pódense ver dous vídeos que ilustran o labor das persoas usuarias de Sarela no Refuxio de Bando e a súa solidariedade coas persoas con enfermidades mentais.

 

*Fotografía asinada por Teak Sato extraída de Wikimedia Commons.

 

Categorías: Sarela , Voluntariado

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información