Subscríbete á versión online de 'Facendo Camiño'

09/07/2014

Só hai que cubrir o formulario que aparece na portada da web de Sarela.

O boletín Facendo Camiño volve cunha novidade: a súa versión online. Subscribirse e consultalo no ordenador, móbil ou tablet é moi sinxelo. Só se precisa introducir un enderezo de correo electrónico no formulario que aparece na portada da páxina web de Sarela.
 
A Asociación de Dano Cerebral de Compostela está a piques de lanzar un novo número do seu boletín Facendo Camiño, que recolle a actualidade de Sarela. Con este exemplar acádase o número 15 do boletín. Vaise publicar ao longo do mes de xullo.
 
Facendo Camiño envíase ás persoas socias de Sarela, e tamén está dispoñíbel para calquera que teña interese na sede da asociación. Está ideado para achegarlle aos socios e socias as novidades organizativas, os vindeiros eventos, e algo de formación sobre diferentes aspectos relacionados co dano cerebral adquirido, a discapacidade ou a dependencia.
 
A subscrición online é moi sinxela: só hai que introducir o nome da persoa ou entidade e un enderezo de correo electrónico ao que se enviará o boletín no formulario que aparece na web (tal como se ve na imaxe). Quen así o desexe tamén pode enviar un e-mail a Sarela indicando en que enderezo de correo electrónico quere recibir o boletín, e a súa subscrición será xestionada desde a asociación.
 
 
Sarela anima a todas as persoas socias a subscribirse e a recomendar o boletín online ao seu ámbito de amizades, familiar e laboral, axudando a estender o coñecemento social do dano cerebral adquirido e a realidade cotiá da asociación.
 
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información