• XSolidaria 2021 png

Noticias

Concedida subvención da Deputación da Coruña para desenvolver o programa de Información, orientación e asesoramento a persoas e familias con dano cerebral adquirido

Concedida subvención da Deputación da Coruña para desenvolver o programa de Información, orientación e asesoramento a persoas e familias con dano cerebral adquirido

A falta de información e orientación á que se enfrontan as familias das persoas con dano cerebral nos primeiros momentos é sistemática e estrutural na nosa contorna sociosanitaria. Isto leva a un estado de shock emocional e organizativo que dificulta a procura de recursos e a toma de decisións importantes. O programa que desenvolverá Sarela coa colaboración da Deputación da Coruña busca paliar a situación de desorientación provocada pola desinformación e minimizar o impacto das secuelas sociais e familiares que o DCA produce nas familias.

 

Para Sarela é unha gran noticia que un servizo que se presta de forma gratuíta e é asumido pola entidade consiga financiamento público o que axuda ao seu afianzamento e a garantir que as actividades que nel se realicen sexan accesibles para todas as persoas e familias con dano cerebral.

 

As actividades que se desenvolverán neste programa subvencionado pola Deputación da Coruña son:

 

  • Atención individual de Traballo Social: tras a valoración oportuna, darase información e orientación sobre recursos e prestacións sociais ás que poda ter dereito a persoa, atendendo á súa situación particular. Ademais traballo social encargarase da atención dos Puntos de Información que Sarela ten en varios concellos de cara a ofrecer información especializada a familias que están máis lonxe da sede, en Santiago de Compostela.

  • Planificación e organización de accións grupais informativas con familias, principalmente dirixidas ás persoas coidadoras: teñen como obxectivo proporcionarlles coñecementos e ferramentas sobre o DCA e están enfocadas ao autociodado. A posta en marcha este ano de actividades de maneira online permitirá ás familias ter acceso á información de forma segura e á vez permitirá que esta información chegue a familias que están máis afastadas de Santiago e/ou que teñan dificultades para desprazarse á sede de maneira presencial, polo que é unha medida que se manterá máis alá da pandemia.

  • Accións de coordinacións con Servizos sociosanitarios: o obxecto desta coordinación é que o máximo de profesionais sociosanitarios dean información ás familias sobre os recursos especializados en DCA, así como para cuestións relacionadas coa persoa con DCA e a súa familia, ofrecendo así unha mellor atención.

 

O proxecto “Información, orientación e asesoramento a persoas en familias con dano cerebral adquirido” ten un custo total de 63.838 euros dos que a Deputación da Coruña achega 25.086 euros, o 39% do total.

 

Ver a Resolución no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

 

Categorías: Sarela
Tags: información

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar