Obradoiro para persoas con disfaxia: nutrición segura, equilibrada e apetitosa

11/03/2019

Os días 25 e 27 de marzo organizamos un taller sobre disfaxia (problemas para tragar) no que daremos pautas sobre nutrición equilibrada e a formación básica para garantir a seguridade á hora de comer. Tamén falaremos da necesidade de crear adaptacións de menús apetitosas dando alternativas á típica comida triturada.

Os días 25 e 27 de marzo organizamos un taller sobre disfaxia (problemas para tragar) no que daremos pautas sobre nutrición equilibrada e a formación básica para garantir a seguridade á hora de comer. Tamén falaremos da necesidade de crear adaptacións de menús apetitosas dando alternativas á típica comida triturada.

 

As sesións do días 25 (ás 15:30) e 27 (ás 11:00) teñen os mesmos contidos e as persoas interesadas elixirán o día que máis lles conveña. Por razóns de organización, Sarela agradece comunicar o interese en asistir chamando ao teléfono 981 577 037 ou por correo electrónico a sarela@sarela.org.

 

Contidos

Unha logopeda de Sarela e María Maceira (estudante de último curso do Grao de Nutrición Humana e Dietética da Universidade de Santiago) darán os contidos que servirán para tratar en profundidade un problema que afecta a moitas persoas con dano cerebral adquirido, alzhéimer, esclerose lateral amiotrófica, distintos tipos de cancro, etc.

 

Ao comezo farase unha breve explicación sobre a disfaxia (tipos, síntomas, profesionais que interveñen no seu tratamento…) para a continuación centrarse nos coñecementos referidos a riscos e seguridade á hora da inxesta, texturas e consistencias máis axeitadas, modo de administrar o alimento etc.

 

Pola súa parte María Maceira dará as pautas para unha nutrición na que o aporte de líquidos e de nutrientes sexan adecuados, buscando o volume, a textura, o aspecto e a temperatura dos alimentos segundo as necesidades individuais.

 

Outro dos contidos do obradoiro será o de dar alternativas para que as persoas con disfaxia desfruten da comida que normalmente se presenta triturada. Esta presentación, normalmente incorporando todos os compoñentes dun prato como se dunha dieta para bebés se tratara, xera desgana e polo tanto unha nutrición deficiente. A alimentación non é só a inxesta de alimentos senón unha experiencia sensorial no que interveñen outros sentidos como a vista, o olfato… Unha preparación e presentación dos alimentos diferente farán non só máis apetitosa ha comido senón que a persoa con disfaxia poderá compartir noutra presentación moitas comidas de toda a familia.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información