• servizos sarela 795x180

Noticias

"Sarela 211", a nova obra do noso grupo de teatro

"Sarela 211", a nova obra do noso grupo de teatro

O Auditorio de Galicia é o escenario no que o grupo de teatro de Sarela estreará “Sarela 211” o venres 28 de xuño a partir das 19:30 horas da tarde. Máis de vinte persoas entre usuarios/as dos nosos servizos, familiares e profesionais pasarán polas táboas da sala Mozart para interpretar a que xa o sétimo texto creado polo grupo de teatro de Sarela.

 

Este ano a acción lévanos a mediados dos anos 70 e desenvolverase da cabalo entre unha fábrica de automóbiles e a prisión na que van dar parte dos seus traballadores. A súa unión porase a proba durante o xuízo pero tamén terán nun concurso moi especial que lle ten preparada a dirección da cadea.

 

Sarela 211" é a sétima obra de teatro do grupo de teatro da asociación. Primeiro foi “Sarela Televisión”, despois “Sarela en camiño”, seguiulle “En Sarela non hai quen viva”, “Sarela e a Fábrica de chocolate”, “Amar en tempos de Sarela” e o ano pasado “Neflis Sarela”.

 

Quen o desexe xa pode reservar as entradas (6 euros) pasando pola nosa sede ou chamando ao 981577037.

 

 

 

Categorías: Sarela
Tags: Teatro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.