• servizos sarela 795x180

Noticias

A tenda de Sarela medra con novos produtos

A tenda de Sarela medra con novos produtos

A tenda de Sarela ofrece desde hoxe novos produtos. Estes produtos están elaborados polas persoas usuarias nos obradoiros de manualidades da asociaicón.

 

O catálogo de Sarela ampliouse cunha serie de detalles pequenos, ideados para empregar como presentes en vodas, xuntanzas de empresa... Son uns broches pequenos con forma de flor, alfineteiros con forma de sombreiro -como o da foto-, e uns porta recados con forma de boneco. A tal fin tamén se poden xuntar os chaveiros con forma de zapato elaborados en coiro que xa estaban na tenda.

 

O funcionamento da Tenda é moi sinxelo: só hai que cubrir un pequeno formulario no que se debe anexar o xustificante de pagamento do bando, e o encargo chegará por correo ao enderezo indicado. Tamén se pode recoller na sede da asociación, aforrando os gastos de envío.

 

Categorías: Sarela , Tenda

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.