Todo en contra para as mulleres que padecen discapacidade

07/03/2016

CERMI advirte de que ser muller e padecer discapacidade supón máis risco de pobreza e fracaso escolar.

Nos últimos días foron moitas as noticias que deron, unha vez máis, a voz de alerta. CERMI (Comité español de representantes de personas con discapacidad) chamou a atención sobre que con datos obxectivos ser muller e padecer algunha discapacidade implica maior risco de padecer pobreza e no ámbito educativo está aparellado a un maior fracaso escolar. UNICEF tamén fixo unha chamada de atención cando afirma un de cada tres menores sen escolarizar no mundo padece discapacidade.

 

CERMI e a Fundación CERMI Mujeres, con motivo do Día europeo pola Igualdade salarial, levantaron a voz para denunciar que as mulleres con discapacidade teñen máis risco que os homes á exclusión social e á pobreza debido, principalmente, a que reciben ingresos máis baixos e o traballo doméstico que realizan moitas delas é invisible. Ambas circunstancias supoñen a longo prazo pensións moi inferiores á dos homes.

 

Segundo estas organizacións os datos do INE (Instituto Nacional de Estadística) revelan que o salario dunha persoa con discapacidade en España é un dezaseis por cento inferior ao soldo medio da poboación sen discapacidade, un problema que afecta en maior medida á poboación feminina con discapacidade.

 

Por este e outros motivos, o CERMI demandou á Comisión Europea, entre outras cousas, a posta en marcha de medidas económicas para incentivar o emprego das mulleres con discapacidade, así como políticas que fomenten a conciliación e a corresponsabilidade, poñendo o acento na eliminación da fenda salarial existente entre homes e mulleres.

 

FRACASO ESCOLAR

 

Desde a Fundación CERMI Mujeres tamén alertaron, nas xornadas ‘O dereito á educación das nenas con discapacidad” organizadas desde o mesmo comité, da importante taxa de fracaso escolar que sofren as nenas con discapacidade con respecto aos nenos, sobre todo durante a Educación Secundaria Obrigatoria e niveles superiores.

 

Segundo a vicepresidenta executiva da Fundación Cermi Mujeres, Ana Peláez, en moitos casos o abandono da nena do sistema educativo baséase no temor da familia de que a menor con discapacidade, sobre todo intelectual, sufra abusos sexuais no entorno escolar. Peláez criticou que se sigan producindo casos de nenas  que se escolarizan na educación inclusiva “e cando inician a menstruación desde o centro ínstase aos pais a levala a un centro de educación especial, por carecer de persoal especializado”.

 

UNICEF

 

Unicef alertou tamén de que un de cada tres menores de todo o mundo que non está escolarizado vive con algún tipo de discapacidade, lo que ao seu xuízo demostra que este grupo social se enfronta a máis dificultades para acceder al sistema educativo.

 

En concreto, do case millón e medio de menores atendidos pola ONG, os que teñen algún tipo de discapacidade corren un risco 10 veces maior de non ir á escola. Ademais, mentres a infancia con discapacidade multiplican o perigo de sufrir violencia, as nenas corren este risco no caso das agresións sexuais.

 

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información