A transparencia na web de Sarela

30/01/2014

A asociación fai públicas as súas contas, información sobre o equipo e outros datos.

Sarela considera que un dos piares do traballo dunha entidade sen ánimo de lucro é a transparencia. Posibilitar que todo o mundo poida coñecer ata o último detalle do seu funcionamento interno é un dos obxectivos da asociación á hora de crear unha sección de Transparencia na súa web.

 

Os estatutos, o plan estratéxico, a certificación de calidade ou a declaración de utilidade pública son só unha parte dos documentos que Sarela dispoñibiliza en internet.

 

A Xunta Directiva da asociación comparece na web, igual que o conxunto de persoal técnico. Na sección de transparencia tamén se pode constatar o papel fundamental que ten a formación para Sarela, tanto accedendo aos plans anuais de formación como consultando os extensos currículos do seu equipo profesional.

 

Por último, Transparencia conta cun apartado de Memorias na que se pode acceder aos documentos que dan conta das actividades e das contas da asociación durante os últimos cinco anos, acompañados dos orzamentos correspondentes.

 

*Fotografía de Julo extraída de Wikimedia Commons.

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información