Últimas entradas á venda para “Sarela e a Fábrica de chocolate”

03/06/2016

O venres 10 de xuño o grupo de teatro de Sarela estreará no Auditorio de Galicia a partir das 19:30 horas Sarela e a fábrica de chocolate. O ritmo de venta das entradas vai a bo ritmo e a día de hoxe só quedan por vender uns 60 localidades. Quen desexe ir á representación, que contará coa colaboración do actor Rubén Riós, pode mercar as entradas (a un prezo de 6 euros) no Centro Sarela (rúa Pedro Cabezas nº3 en Traspoxonal) ou reservándoas no teléfono 881.978.519 e no correo electrónico administracion@sarela.org. No día da representación tamén estarán á venda no propio Auditorio de non terse esgotado.

 

O que imos ver

 

Os actores e actrices principais son 25 das persoas usuarias do centro de Sarela, aos que acompañan voluntarias e voluntarias así como familiares e profesionais da asociación. A preparación da obra de teatro durou varios meses e no obradoiro de teatro preparouse o texto da mesma, as cancións, coreografías etc que se completa coa elaboración dos elementos do decorado e do vestiario no obradoiro de manualidades.

 

Este ano a acción ten moito de actual. Un programa de televisión en directo é testemuña, sen buscalo, dunha folga na Fábrica de Chocolate Sarela. A empresa vive unha situación de crise que deriva  nunha folga porque as traballadoras e traballadores non aturan máis recortes. A negociación é dura e ademais o xefe xoga ao “divide e vencerás” entre os traballadores. Nas portas dunha nova campaña electoral viviremos unhas peculiares eleccións dentro da fábrica e falarase de pactos. Ao final, o xefe caerá por culpa dunha “mordidita”.

 

 

Categorías: Sarela , Teatro
Tags: Teatro
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información