Unha sentenza do Supremo pon en risco a supervivencia de FEDACE

23/06/2015

O Tribunal anulou o Real Decreto de Subvencións a ONG de ámbito estatal.

A Xunta Directiva e a Asemblea Xeral da Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE), reunidas en Madrid os días 19 e 20 de xuño, analizaron a sentenza do Tribunal Supremo que anula o Real Decreto de Subvencións a ONG de ámbito Estatal e as súas consecuencias para a federación estatal de asociacións de dano cerebral.
 
A sentenza declara nulo o RD 535/2013 de 12 de xullo e derroga a regulación normativa das subvencións de funcionamento ás ONG de acción social de ámbito estatal. Este dictame impedirá o funcionamento de FEDACE a curto prazo.
 
A Federación Española de Daño Cerebral, da que forman parte 37 asociacións -entre elas Sarela- con máis de 9.000 persoas socias, é o instrumento de representación estatal das asociacións de persoas con DCA. A súa desaparición significaría a desarticulación do movemento asociativo dun colectivo de máis de 400.000 persoas.
 
Como consecuencia inmediata, as persoas con Dano Cerebral Adquirido e as súas familias veranse expostas á perda de apoio e ao desamparo. Desde a creación de FEDACE, fai 20 anos, as familias e as persoas con DCA traballaron creando redes e espazos para a atención ás persoas con discapacidade por dano cerebral, defendendo o seu dereito a vivir con dignidade.
 
Entendemos que esta resolución xudicial parte dunha interpretación formal do dereito que non ten en conta a realidade social en que viven as persoas que precisan de axuda e apoio. Desde fai tempo vimos reclamando á Administración un marco de financiamento estable para as nosas organizacións. Hoxe esta demanda convértese nunha solicitude de urxencia para continuar traballando en facer realidade o lema do noso movemento: 'Unha vida salvada merece ser vivida'.
 
FEDACE súmase ás iniciativas de acción do CERMI e da Plataforma do Terceiro Sector para impedir que esta situación acabe cunha rede de apoio social que, en moitos casos, supón o único recurso dos máis necesitados.
 
*Comunicado difundido pola Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE)
Madrid, 20 de xuño de 2015
 
Categorías: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información