Vídeo polo Día do Voluntariado de 2014

10/12/2014

As persoas voluntarias explican na gravación que lles aporta Sarela.

O día 5 de decembro conmemorouse o Día Internacional do Voluntariado. As persoas voluntarias de Sarela conmemorárono elaborando un vídeo no que participa tanto o voluntariado como o equipo profesional. As persoas voluntarias explican na gravación, acompañadas das persoas usuarias da asociación, que lles aporta Sarela.
 
Na segunda parte do vídeo é o equipo profesional o que toma a palabra para agradecer o traballo do voluntariado. Xenerosidade, bondade ou confianza son algunhas das ideas que lles inspira o traballo voluntario ao equipo profesional. Sarela agradece especialmente a Javier Gómez a edición do vídeo.
 
O Día do Voluntariado foi decretado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1985. Desde ese ano, asociacións cívicas e culturais conmemoran a xornada cada 5 de decembro.
 
Categorías: Sarela , Voluntariado

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información