Momento da visita no salón de plenos do Parlamento

Visita ao Parlamento de Galicia

27/10/2016

Un grupo de persoas usuarias do noso centro, as súas familias e profesionais de Sarela foron recibidas polo seu presidente Miguel Ángel Santalices e coñeceron o funcionamento do Parlamento.

Unha das actividades organizadas por Sarela para celebrar o Día do Dano Cerebral foi unha visita ao Parlamento de Galicia na que participaron un grupo de persoas usuarias do noso centro, as súas familias e profesionais da asociación.

 

A visita comezou cunha recepción no despacho do presidente da cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, quen se interesou polas actividades que promove Sarela e pola situación do colectivo de persoas afectadas por DCA.

 

Ao tempo, as persoas que participaron na visita pediron a Santalices Vieira que se manteña a preocupación polos pacientes afectados por dano cerebral, así como a prevención do mesmo. O presidente apuntou, neste sentido, que na Comunidade Autónoma se teñen dado pasos importantes coa creación da Unidade de Ictus no Hospital Clínico de Santiago, “toda unha referencia”. Expresou tamén a súa satisfacción pola implantación, coincidindo coa posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, doutra unidade de ictus nese complexo, que “poderá facer traballos, ao mellor, en coordinación tamén coa provincia de Ourense para abordar esta patoloxía”.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información