Un momento da coloquio no Servizo de atención diúrna terapéutica - Imaxe: Xunta de Galicia

Sarela amplía as prazas públicas no servizo de atención diúrna terapéutica

05/11/2019

Nos vindeiros días o centro de día de Sarela sumará 6 novas prazas públicas ás 23 actuais grazas á nova achega da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Deste xeito, das 40 prazas autorizadas neste servizo especializado en dano cerebral adquirido 29 estarán cubertas pola administración autonómica. A conselleira Fabiola García visitou hoxe Sarela para coñecer de primera man todos os servizos e programas da asociación.

Na visita, á que tamén asistiron María Francisca Gómez, secretaria xeral técnica, e Ildefonso de la Campa, director xeral de maiores e persoas con discapacidade, a xunta directiva de Sarela trasladoulle á conselleira a satisfacción por poder incrementar os servizos prestados ás persoas con DCA así como polo apoio e a comunicación fluída existente até hoxe á hora de solucionar distintos problemas.

Na nota publicada posteriormente pola Xunta de Galicia afírmase que “Fabiola García gabou o traballo que realiza Sarela na achega de solucións para facerlle a vida máis doada ás persoas afectadas de DCA e ás súas familias, ao tempo que avogou por continuar co traballo conxunto para mellorar a calidade de vida das mesmas. De aí, que nos últimos dez anos a Xunta duplicara os fondos destinados á devandita entidade ata chegar hoxe a preto de 390.000 euros, e tamén que na actualidade estean financiadas o 70% das prazas do seu centro de día”.

Na visita os representantes do goberno autonómico tamén tiveron oportunidade de escoitar e responder a inquedanzas e preguntas das persoas usuarias do centro de día de Sarela. A conselleira foi preguntada por temas como por exemplo cales son as súas motivacións profesionais e políticas pero principalmente expuxéronlle inquedanzas e relacionadas co custo do transporte adaptado, os problemas de accesibilidade especialmente nos núcleos pequenos, etc.

Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información