Visita do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso

23/04/2024

O presidente provincial visitou a sede de Sarela acompañado da deputada responsable de Política Social, Mar García Vidal, para coñecer o funcionamento dos servizos e os principios de atención especializada ao Dano Cerebral de Sarela. Tras manter un encontro coas persoas usuarias e profesionais reuníronse con responsables da asociación na que analizaron os proxectos de cara ao futuro de Sarela.

Formoso e García percorreron as instalacións na compaña da directora do centro, Rocío García Calvo; o secretario, Luciano Fernández, e Juan Martínez, membro do grupo de primeira persoa de Sarela. Durante a visita tiveron oportunidade de coñecer polo miúdo os diferentes servizos que ofrece a entidade, como o de información, orientación e apoio a familias; o de atención especializada; o de atención diúrna terapéutica; o de mellora e mantemento da autonomía persoal e inclusión social; o de orientación laboral, ou a terapia acuática. O presidente da Deputación valorou "o labor imprescindible" que desenvolven entidades sen ánimo de lucro da provincia como Sarela no eido sociosanitario.

Ao remate da visita polo centro, Formoso e Vidal mantiveron unha reunión con Luciano García, secretario de Sarela, Rocío García, directora, e Juan Martínez, integrante do grupo de primeira persoa e na analizaron os proxectos de cara ao futuro de Sarela.

 

Subvención para o asesoramento a persoas e familias con DCA

A Deputación da Coruña é unha das institucións que anualmente financian a actividade dos servizos de atención ao dano cerebral de Sarela. En 2024 o organismo provincial concedeu unha subvención de 34.000 euros dentro do “Programa FOCVAA: convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios”. A resolución foi publicada no BOP do 3 de abril. Esta subvención afianza o Servizo de información, orientación e apoio a familias que é un elemento fundamental e gratuíto para as persoas e familias con DCA.

O proxecto que será apoiado desde a Deputación da Coruña busca paliar a situación de desorientación provocada pola falta de información á que normalmente se enfrontan as familias de persoas con DCA. Esta carencia é estrutural na nosa contorna sociosanitaria e provoca un choque emocional e organizativo na familia ademais de dificultar a procura de recursos e a toma de decisións importantes.

As actividades que se desenvolverán neste programa subvencionado pola Deputación da Coruña son:

  1. Informar e asesorar individualmente á persoa e familia sobre o DCA e as súas necesidades.
  2. Asesorar na tramitación de axudas, prestacións e servizos requeridos.
  3. Realizar sesións formativas e de capacitación sobre as consecuencias e estratexias de manexo nos coidados dun familiar con DCA.
  4. Favorecer unha mellor e rápida derivación a recursos axeitados a través da coordinación entre profesionais sociosanitarios.

 

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información