O servizo de voluntariado de Sarela busca a colaboración a distancia

15/10/2020

De forma temporal, e até que a situación sanitaria o permita, Sarela viuse obrigada a suspender a colaboración que as persoas voluntarias viñan prestando de forma presencial nos distintos servizos da asociación. Sen embargo o servizo de voluntariado segue a traballar e a buscar persoas que poidan colaborar a distancia aproveitando as posibilidades que dan as novas tecnoloxías.

De forma temporal, e até que a situación sanitaria o permita, Sarela viuse obrigada a suspender a colaboración que as persoas voluntarias viñan prestando de forma presencial nos distintos servizos da asociación.

 

Esta é unha decisión que se adoptou atendendo ao protocolo de actuación para a prevención da COVID-19 de Sarela, aprobado pola Xunta de Galicia. Estas medidas limitan ao máximo o contacto co persoal externo   para garantir a seguridade das persoas usuarias.

 

Sen embargo o servizo de voluntariado segue a traballar e a buscar persoas que poidan colaborar a distancia aproveitando as posibilidades que dan as novas tecnoloxías. Se queres facerte voluntario ponte en contacto con nós a través deste enlace e a técnica responsable do servizo porase en contacto contigo.

 

A nosa visión do voluntariado

Por definición, a colaboración dunha persoa voluntaria é altruístadesinteresada  solidaria, con carácter voluntario e libre e  sen compensación  económica. En Sarela, a persoa voluntaria  apoia ao profesional  de modo que repercute favorablemente nas persoas usuarias ou na entidade. Isto quere dicir que a realización dunha actividade ou proxecto de Sarela non dependerá da existencia nese momento de voluntarios/as. Eles e elas ofrecen apoios ao equipo de profesionais polo que o seu obxectivo non é manter esa actividade ou proxecto senón que grazas á súa colaboración estes vanse desenvolver con máis reforzos.

 

Todos   os    servizos    e   programas   de  Sarela  están   abertos   á  colaboración.  As únicas condicións, como dixemos antes, é que ese traballo non pode ser substitutivo do dun profesional e que a súa participación debe ser activa, cunhas funcións claras e sempre con apoio e supervisión.

 

En canto sexa posible e seguro para tódalas persoas, retomaremos as actividades presenciais do noso servizo de Voluntariado.

 

Categorías: Voluntariado
Tags: voluntariado

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información