Xornada de pádel adaptado en Ames

19/09/2014

Organizada pola asociación madrileña Aspado.

A asociación madrileña Aspado (Asociación Pádel para Todos) organiza o sábado -día 20- en Ames unha xornada de portas abertas. Esta asociación traballa pola inclusión social das persoas con discapacidade a través da práctica do deporte. En concreto, está centrada no pádel. Aspado preséntase en Galicia cunha xornada deportiva gratuíta na que o seu equipo de monitores amosará, a quen queira achegarse, o seu método de traballo.
 
A xornada de portas abertas será o sábado, 20 de setembro, desde as 11:30 hh., no Club Let Padel Ames (Lugar de Firmistáns, 10A - Bugallido). Desde Aspado solicitan que as persoas asistentes vaian vestidas con roupa deportiva, aínda que o equipamento deportivo vaise proporcionar na propia pista. Tamén haberá avituallamento.
 
Hai dous tipos de pádel adaptado: o dirixido a persoas con discapacidade física en cadeira de rodas e o dirixido a persoas con calquera outro tipo de discapacidade. Esta xornada de portas abertas está dirixida ao segundo grupo de persoas. Para acceder á pista será necesario asinar un documento de cesión de dereitos de imaxe, porque a entidade organizadora ten previsto tomar fotografías do evento.
 
Unha vez realizada a xornada de portas abertas, e para as persoas que queiran seguir asistindo a pádel, organizaranse grupos con diferentes opcións de horarios. O prezo da escola de pádel adaptado é de 35 euros ao mes, por unha aula semanal de 45 minutos.
 
Tags: deporte

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información